Un total de 20 veciños e veciñas participan na terceira edición do Curso de Poda e Enxertos, organizado polo Concello de Frades. Un curso de 28 horas de duración, 20 prácticas e 8 teóricas, no que o alumnado aprenderá técnicas de poda de especies froiteiras, ornamentais e forestais, así como os distintos métodos de propagación/multiplicación de plantas: sementes, enxertos, estaquillado, acodo, etc. As clases teñen lugar todos os sábados, as primeiras teóricas no multiúsos de Frades, mentres que as prácticas serán na leira municipal.