O Concello de Touro instalará nas próximas semanas e durante esta primaveira en diferentes puntos do municipio un total de 300 trampas para combater a plaga da vespa velutina. As accións faranse entres os meses de marzo e xuño. O Concello de Touro contratou unha empresa especializada que se encargará de facer os traballos. Dentro deste plan de trampeo tamén está prevista unha charla formativa que terá lugar o próximo sábado, 16 de marzo, ás 16.30 horas na Casa de Cultura de Touro.
A empresa Serpa (Servicios Privados Antivelutina) será a encargada de poñer en marcha os servizos de prevención para combater a presenza da vespa velutina no municipio de Touro. A firma contratada polo Concello de Touro desenvolverá o que se denomina ‘trampeo profesional’, que consistirá na acción de instalar trampas xeolocalizadas con atraíntes especiais para capturar nos meses desta primavera raiñas fundadoras de niños de vespa velutina, que despóis do letargo invernal comenzan de novo o seu ciclo. As accións desenvolveránse entre os meses de marzo e xuño. O técnicos colocarán cada quincena un total de 50 trampas xeolocalizadas nun total de seis accións. En consecuencia, durante tres meses instalaran un total de 300 trampas.
O plan de trampeo inclúe unha charla formativa dirixida á seguridade dos veciños e veciñas de Touro co obxectivo de que a poboación aprenda como evitar que se instalen niños nas proximidades das casas. A charla será o próximo sábado, 16 de marzo, ás 16.30 horas na Casa de Cultura de Touro. O encargado de impartila será José María Vázquez, xerente da empresa Serpa, quen explicará técnicas de trampeo de raíñas de vespa velutina, falará de atraíntes e tipos de trampas e explicará o ciclo da velutina, os niños reais e ensinará a diferenciar a vespa asiática da autóctona. Tamén admitirá preguntas e aclaracións ao final da charla.