A I Bandeira Concello de A Pobra do Caramiñal de bateis, tanto masculina como feminina, disputarase a tarde do sábado 16 de marzo, as 16.00 horas, no porto comercial, seguindo o calendario provincial.
Contarase ca presencia de 14 clubes que presentaran unhas 90 tripulacións masculinas e femininas, nas dez categorías a disputar. Como a inscripción non se pecha ata o mesmo día, non se descarta que este número aumente xa que a medida que avanza a temporada de bateis a parecen máis equipos nas categorías absolutas, ata agora centradas na preparación da traíña.
Esta será a novena regata da tempada, quinta que se diputa na Pobra, estas regatas serven de preparación as diferentes tripulacións de cara os campeonatos importantes a disputar no vindeiro mes de abril.
Os clubes vencedores das dúas bandeiras, sairan da suma de puntos conseguidos polas diferentes categorías, segundo o criterio establecido pola organización.
NORMATIVA DA REGATA:
A regata disputarase na dársena do porto comercial. Inicio das regatas as 16:00 horas.
Reunión de delegados na oficina do clube ás 15:00 horas.
As regatas desputaranse nun campo sobre 5 carreiros. Se en algunha categoría o número de participantes fose múltiplo de 6, incluiríase un 6º carreiro.
O prazo de incripción estará aberto ata o inicio da reunión de delegados, agradecendo que se mande coa antelación posible unha relación co número de equipos participantes.
A correspondente folla de inscripción presentaráse na reunión de delegados.
Categorías e orden de saida:
– Alevín Femenino
– Alevín Maculino
– Infantil Femenino
– Cadete Femenino
– Xuvenil Femenino
– Absoluto Femenino
– Infantil Masculino
– Cadete Masculino
– Xuvenil Masculino
– Absoluto Masculino
A criterio da organización, poderanse agrupar nunha quenda as categorías Xuvenil e Absoluto
Feminino, asi como Xuvenil e Absoluto Masculino, en función do número de participantes.
Procederase a dar as saidas lanzadas, criterio que podera ser modificado por iniciativa da organización. Nos casos de que así se aplique este criterio, sairán primeiro as embarcacións teóricamente de superior nivel.
As embarcacións participantes deberán estar no momento de rematar a quenda previa na zona indicada como “Previo Saida”. Na categoría Alevín e Cadete masculino, entenderase que deberán estar na zona de balizas exteriores.
Dado o elevado número de equipos previstos, non se concederán “tempos mortos” entre quendas.
Solicitase os clubes participantes que se desplacen en autobús, que respente a ubicación indicada para o aparcamento destes vehículos.
SISTEMA DE PUNTUACIÓN DAS BANDEIRAS CONCELLO DE A POBRA
• Haberá unha bandeira para o mellor club en categoría feminina e unha bandeira para o mellor club en categoría masculina.
• Cada clube puntuará cos 4 mellores postos (só un resultado por categoría)
• A puntuación por cada categoría será a que segue:
POSTO PUNTOS
1º 11
2º 9
3º 8
4º 7
5º 6
6º 5
7º 4
8º 3
9º 2
10º 1
• O club de remo con maior puntuación será o gañador da bandeira.
• No suposto de empate será proclamado gañador o club con máis número de primeiros postos, a igualdade de primeiros postos, sería por número de seguntos postos e así sucesivamente.
• Haberá medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría.