Friday 22 de November de 2024

Charla sobre radioterapia e cancro


 

Será este xoves no Museo do Traxe e está organizada pola AECC Ordes

A xunta local da AECC de Ordes ten organizada de cara a este xoves a charla Radioterapia e cancro: Rompendo mitos e construíndo realidades. Terá lugar no Museo do Traxe Juanjo Liñares ás 19 horas. As persoas que queiran asistir poderán facelo de balde. Antonio Gómez Caamaño, xefe de oncoloxía radioterápica do CHUS, será o relator.