Friday 22 de November de 2024

O CONCELLO ORGANIZA PARA ESTE XOVES UNHA RECEPCIÓN PÙBLICA Á CAMPIOA DE EUROPA DE TRIPLE SALTO ANA PELETEIRO BRIÓN


Este xoves a partir das 20 horas terá lugar na praza do Concello unha recepción pública a Ana Peleteiro Brión despois de que a riveirense se proclamase o pasado día 3 de marzo en Glasgow medalla de ouro no Campionato de Europa Indoor cunha marca de 14,73 metros, novo récord de España absoluto.

Logo de confirmar a dispoñibilidade da triatleta, o Concello está inmerso nos preparativos para un evento que se agarda sexa multitudinario e do que se dará proximamente máis información.

En datas pasadas, Ana Peleteiro xa foi obxecto doutras distincións e recoñecementos de parte da Corporación Local a medida que a súa carreira como deportista ía despuntando. O último, o 31 de decembro de 2018 co nomeamento da pista de atletismo do Complexo Deportivo da Fieiteira como ‘Estado de Atletismo Ana Peleteiro Brión”. Antes, o 4 de marzo organizouse outro recibimento público no Consistorio pola súa medalla de bronce no Campionato do Mundo en Birmingham mentres que en 2012 fora obsequiada, ao igual que a nadadora María Vilas, coa medalla de ouro de Riveira nun acto celebrado no día de Santa Uxía, patroa da nosa cidade.