Thursday 21 de November de 2024

Aberto o prazo de solicitude para a renovación do DNI


 

A unidade móbil da Policía Nacional atenderá ao público na Casa da Cultura do 2 ao 10 de maio. Será imprescindible solicitar cita previa no Concello ou ben a través do teléfono 981 680 002

O equipo móbil de renovación do DNI da Policía Nacional estará prestando o seu servizo en Ordes do 2 ao 10 de maio. Tal e como é habitual atenderán ao público en horario de mañá na Casa da Cultura. Todas e todos aqueles que queiran expedir por primeira vez ou renovar o seu documento nacional de identidade xa poden solicitar cita previa no mesmo Concello ou ben chamando ao teléfono 981 680 002.

Para facer o DNI por primeira vez é necesario unha partida literal de nacemento, unha fotografía e o certificado de empadroamento. Para renovacións deberase achegar o DNI caducado e unha foto, e no caso de tramitar o documento por perda deste necesitaranse dúas fotos. Para aquelas persoas que queiran indicar un cambio de domicilio será imprescindible un certificado de empadroamento.