O Concello da Pobra do Caramiñal acaba de asinar, no pasado mércores día 6 de marzo, un convenio coa Amnistía Internacional-Barbanza, para a cesión dun local sito na coñecida como “antiga escola de música do Campiño”,para utilizar de sede da ONG na comarca do Barbanza. Á sinatura acudiu como representante da ONG Ana Cabo, coordinadora do grupo local da Amnistía Internacional; o alcalde, Xosé Lois Piñeiro; e o concelleiro dos Servizos Sociais, Miguel Alamancos. Desta forma, Amnistía-Barbanza, ONG que traballa na defensa dos dereitos humanos en todo o mundo, fixa a súa sede na comarca na Pobra do Caramiñal. O Concello da Pobra quere apoiar desta maneira a ONG no seu labor de protección social e na defensa da xustiza e os dereitos humanos en todo o mundo, e promover e facilita-lo traballo das voluntarias da nosa comarca na denuncia e divulgación de violacións dos dereitos humanos e inxustizas que se cometen hoxe en día. O convenio terá unha duración de catro anos e por el a asociación comprométese a levar a cabo, dentro da súa programación anual, actividades no concello da Pobra.
Articulos relacionados
A Xunta de Goberno oficializa a cesión gratuíta á Xunta de dúas parcelas para a construción de vivenda pública
febrero 9, 2026 Comments are off 0 visitas
A voceira do goberno municipal, Míriam Louzao, deu conta en rolda de prensa dos principais ...
O GES de Brión colabora no traslado dun ciclista ferido na AC-300, á altura de Pérros
enero 19, 2022 Comments are off 0 visitas
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou esta tarde na asistencia a unha persoa ...
O Concello licita as obras de mellora da accesibilidade entre O Peruleiro e a rúa Barcelona e a instalación da escalinata mecánica de Adelaida Muro
agosto 30, 2023 Comments are off 0 visitas
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a concesión de licenza para a ...
