Friday 22 de November de 2024

Decretados dous días de loito oficial polo pasamento da secretaria-interventora do Concello de Boqueixón


 

Elena Suárez Rodríguez levaba máis de dúas décadas exercendo a súa profesión na administración local boqueixanesa

O Concello de Boqueixón vén de decretar dous días de loito oficial polo pasamento da secretaria-interventora. Elena Suárez Rodríguez levaba máis de dúas décadas exercendo o seu labor profesional nesta administración local.

Dende o Concello de Boqueixón queren transmitir o seu máis profundo pesar a toda a familia de Elena Suárez Rodríguez. “A súa é unha perda incalculable”, asegura o alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, quen non dubidou en gabar “o excelente traballo que a nosa secretaria desenvolveu durante todos estes anos”.

Os restos de Elena Suárez Rodríguez atópanse na sala 4 do Tanatorio de Boisaca. O funeral polo seu eterno descanso terá lugar hoxe ás 19.15 horas na capela do tanatorio municipal. Posteriormente, será incinerada na intimidade familiar.