Co gallo do Día Internacional da Muller celebrado hoxe, Ordes acolleu unha serie de actos reivindicativos en prol da igualdade e dos dereitos das mulleres. Por unha parte Susana García, concelleira de Benestar Social e Educación, compartiu a xornada co alumnado da escola infantil municipal Sorrisos e dos colexios O Mesón do Vento e Castelao. Nestes dous últimos os nenos e nenas mostraron as mensaxes plasmadas nos bocadillos feitos con cartolinas de cor lila, iniciativa promovida pola Mancomunidade de Ordes. Por outra parte a Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) organizaou unha concentración a media mañá ás portas do edificio consistorial antiguo. Nela participaron un bo número de veciños e veciñas, entre eles o alcalde de Ordes José Luis Martínez Sanjurjo.