Destacada participación de Lara López Fernández no XXXIII Campionato de España de Salvamento e Socorrismo Xuvenil, Júnior e Absoluto de Inverno, disputado recentemente na piscina municipal de Torrevieja (Alacante).
A deportista ordense repatou en cuarta posición nas probas de 100 metros socorrista júnior (a só 20 centésimas do bronce) e na de 100 metros remolque de maniquí con aletas júnior.
O alto nivel de Lara López quedou demostrado co feito de que mellorou ata en catro ocasións as súas propias marcas persoais durante o dito campionato.