Friday 22 de November de 2024

Máis de 400 participantes no Sábado de Piñata de Ordes


 

O desfile arrancará ás 17 horas dende Alfonso Senra ata chegar ao Campo da Feira, onde se celebrará o gran concurso de disfraces que este ano repartirá preto de 4.500 € en premios
Ordes agarda con ansia unha das súas citas festivas máis importantes do ano. O Sábado de Piñata, que terá lugar esta vindeira fin de semana, congregará a máis de 400 persoas no gran desfile que percorrerá as principais rúas do pobo. Dará comezo ás 17 horas pola avenida Alfonso Senra, pasando polas rúas O Recreo, Campeiras, Alfonso Lesta e Feira, ata desembocar no Campo da Feira que, novamente, será o escenario para o concurso de disfraces.
Nesta ocasión contarase coa participación de 10 inscritos na categoría individual e 13 comparsas entre adultos e menores. Tamén contarase con impresionantes 3 carrozas. En total optarán a algo máis de 4.400 € en premios. Un ano máis o Concello de Ordes conta co apoio e co patrocinio de Seguros Reale e Jaime Castro asesores.

A celebración do Sábado de Piñata obrigará a realizar cortes puntuais do tráfico rodado a partir das 16.30 horas na avenida Alfonso Senra e nas rúas O Recreo, Campeiras, Feira e Campo da Feira. Precisamente neste último espazo quedará restrinxido o estacionamento de vehículos dende primeira hora da mañá. En todo momento efectivos da Policía Local indicarán os desvíos provisionais, os cales estarán debidamente sinalizados. O Concello de Ordes lamenta as molestias que estes cambios poidan ocasionar.