Friday 22 de November de 2024

A actual situación política, protagonista da batalla dialéctica dos ‘xenerais da Ulla’ de Fao, no Concello de Touro


 

A situación política actual foi protagonista este ano da batalla dialéctica dos ‘xenerais da Ulla’ de Fao na súa tradicional ‘Antroidada’. “El español de la calle / el ciudadano de a pie / no es capaz de asimilar / las incongruencias que ve”, dixo un ‘xeneral’ no campo da festa de Fao, onde a partir das 17.30 horas concentráronse os xinetes, que luciron os seus vistosos e coloridos traxes napoleónicos. A choiva e o vento non impediron a presencia de veciños e forasteiros que foron situándose baixo unha carpa instalada no campo da festa. “Primero el actual Gobierno / con socios independentistas / irrumpe en la Moncloa / de esta forma ventajista”, dixo gritando un dos ‘xenerais’ dende o centro do campo da festa, onde se concentraron uns dez xinetes. “Y a los que Sánchez censuran / sin dudarlo como flechas / se asocian en Andalucía / con los de la ultra derecha”, contestoulle outro ‘xeneral’. E non tardou en chegar a réplica. “Viendo su forma de actuar / después de lo que ha pasado / con tal de llegar al poder / no importa quién sea el alidado”. E o mesmo ‘xeneral’ apuntou de novo: “Lo hacen los del PP / y el ejemplo es bien cercano / y también los del PSOE / Podemos y Ciudadanos”.

A ‘Antroidada’ comenzou pasadas as 17.15 horas. A esa hora o campo da festa de Fao, pese á choiva, comenzou a recibir á xente. Moitos veciños acudiron disfrazados. Todos os que asistiron hoxe poideron desfrutar dunha alegre, divertida e chuviosa ‘Antroidada’. Abriron o festexo os integrantes da ‘Rumba da Susita’, dende o palco instalaco baixo a carpa. A continuación comenzou o debate dialéctico dos ‘xenerais da Ulla’. Os xinetes situáronse nun recinto pechado en círculo ubicado no centro do campo da festa, adornado con mimosas e baixo unha carpa. E alí, tras darlles o alto o centinela, comenzou a confrontación verbal. E saíron a relucir as cuestións políticas. Os ‘xenerais da Ulla’ replicaron e contrarreplicaron ante os vecinos durante unha media hora. Non faltaron, posteriormente, ‘os consellos dos frades’, que predicaron en verso anécdotas sucedidas na parroquia de Fao e nos arredores. O espectáculo rematou co ‘Enterro do Antroido’.