Saturday 16 de November de 2024

Oitenta veciños e veciñas participaron na Festa de Entroido do Concello de Frades


 

Oitenta veciños e veciñas, tanto rapazada como as súas familias, participaron onte luns na tradicional Festa de Entroido organizada polo Concello de Frades. Unha actividade celebrada no edificio multiúsos de Cimadevila, que acolleu unha divertida festa con dous obradoiros, de rosquillas e maquillaxe, así como música e xogos para os nenos e nenas.

As crianzas puideron desfrutar tamén dunha merenda canda os seus pais e nais. Así mesmo, todos os nenos e nenas que asistiron disfrazados levaron unhas lambonadas para comer na casa. Con esta celebración, o Concello de Frades pon fin ao seu programa especial de Entroido 2019.