Veciños e forasteiros achegáronse hoxe ata Touro para disfrutar nunha mañán sin chuvia pero con vento dunha das citas clásicas do Entroido da Ulla
A capital de Touro, Fonte Díaz, viviu hoxe martes de entroido a súa ‘Feira do Entroido’, unha cita xa obligada no entroido da comarca da Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ foron protagonistas. Tamén o foron os persoaxes do entroido de Touro, como o Vello dos Cornos. A mañán foi ventosa en Touro e non choveu. Pasadas as doce da mañán concentráronse os ‘xenerais’ diante da sede do Concello de Touro. Un grupo de xinetes cos seus chamativos traxes napoleónicos citáronse para comenzar o desfile. O vento impediu que poideran lucir os coloridos sombreiros de plumas, que solo puxeron no inicio para lanzar uns vivas. Numeroso público, veciños e visitantes, e tamén medios de comunicación, concentráronse nos arredores para coñecer aos protagonistas deste orixinal entroido rural. Tamén participaron con disfraces os nenos e nenas do PAI. Tamén estaban outros protagonistas do Entroido do Concello de Touro. E participaron no desfile A Pinguela de Bama, as nenas do Sapo Dourado de Loxo, músicos da Escola da Banda Isabel II de Touro, as nais e nenos e nenas de Tardes Divertidas e veciñas voluntarias.
Os ‘xenerais’, procedentes das parroquias de Bama e Fao, iniciaron unha marcha polas rúas de Fonte Díaz, cheas de xente que chegou á capital de Touro para facer as súas compras e disfrutar da ‘Feira do día 5’. Ao longo do traxecto lanzaron varios ‘vivas’. No desfile que saíu e rematou na sede do Concello de Touro tamén participaron nenas e nenos do PAI cos seus disfraces. E tamén estaban presentes maiores con todo tipo de adornos festivos para celebrar o entroido. Todos os días 5 de cada mes celébrase en Fonte Díaz unha feria con postos que ofrecen todo tipo de productos aos visitantes. A feira de marzo está adicada ao entroido. Tamén é típico degustar o pulpo que ofrecen os postos instalados nas rúas principales de Fonte Díaz.