Friday 22 de November de 2024

O Concello de Noia e Protección Civil darán charlas sobre seguridade e farán simulacros de evacuación nos centros escolares


 

A primeira terá lugar durante a mañá do venres 22 de marzo no IES Campo de San Alberto

O Concello de Noia e Protección Civil organizan unha serie de charlas sobre seguridade e simulacros de evacuación que terán lugar en todos os centros escolares do municipio. “Comezaremos no IES Campo de San Alberto e despois seguiremos no resto de centros educativos de Noia para poñer en práctica as medidas de emerxencia e comprobar a efectividade dos protocolos de actuación de cada centro ante unha emerxencia”, explica a concelleira de Protección Civil, Ángela Neri.

As charlas serán impartidas polo xefe de Protección Civil de Noia, Eduardo Moledo, quen adianta que “lles explicaremos aos alumnos e alumnas as medidas de protección que ten o centro: alarmas, extintores… e ensinarémoslles como actuar nun caso de emerxencia e a forma máis segura para realizar unha eventual evacuación do centro”. Así, a primeira sesión está prevista para a mañá do venres 22 de marzo, actuando en pequenos grupos de idade.