Os 14 participantes do programa Prevención da dependencia do Concello de Boqueixón celebraron un xantar de Entroido. Nesta cita, estiveron acompañados polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e por Ana María Seijo, concelleira de Servizos Sociais, e persoal técnico que levan a cabo o programa os martes e xoves no local de Vigo.
Para esta ocasión, e como é costume, eles mesmos elaboraron a súa máscara de Entroido. A cita adicouse este ano aos Peliqueiros de Laza.