Friday 22 de November de 2024

A Xunta apoiou co Bono Autónomo a 108 beneficiarios das comarcas de Coruña-Betanzos


Ovidio Rodeiro visitou un dos proxectos que contou cunha axuda de 3.000 euros
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou as instalacións de Sonia Sánchez dedicadas ao coaching e ao crecemento persoal con cabalos que acadou unha axuda de 3.000 euros procedente do programa Bono Autónomo da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O delegado territorial apuntou que “nos concellos das comarcas da Coruña e Betanzos recibiron estas achegas 108 beneficiarios que recibiron en total de 234.000 euros”.

O Bono Autónomo destinase a aqueles traballadores por conta propia, que conten cunha antigüedade superior aos 42 meses, que teñan uns rendementos netos reducidos inferiores aos 30.000 euros ao ano e unha facturación mínima anual de 12.000 euros –IVA incluído–.

Esta actuación conta con dúas liñas de axudas. Unha destinada a apoiar os servizos destinados á investigación de mercado e plans de marketing, comunicación, estratexia, crecemento, comunicación e refinanciamento ou reorientación do negocio. Ademais, por primeira vez, a convocatoria prevé inversións relacionadas coa compra de maquinaria, ferramentas, equipos informáticos e rótulos. Tamén entran a reforma de locais e a posta en marcha de páxinas web e aplicacións ou a creación de logotipos de negocios

Para diagnosticar e identificar mellor aquelas áreas onde precisan mellorar, os autónomos dispuxeron de servizos gratuítos de apoio, que presta a Rede de Técnicos de Emprego ou do Igape. Esta experiencia serve para avaliar os resultados e incorporar melloras en futuras ordes.

Ovidio Rodeiro sinalou que “con medidas como este Bono Autónomo ou coa creación da Oficina do Autónomo a Xunta trata de facer que traballar por conta propia en Galicia sexa cada vez menos difícil e haxa menos cargas administrativas”. O delegado territorial aproveitou a ocasión para lembrar que ata o 14 de xullo segue aberta a convocatoria para solicitar as axudas ao emprego autónomo para este ano 2019.

O representante do goberno autonómico aproveitou para lembrar que tamén existen outros programas interesantes como a nova orden de axudas ao relevo xeracional para facilitar a transmisión de negocios que estean próximos a idade de xubilación e as axudas para unha segunda oportunidade para todo autónomo que queira reemprender un negocio poida facelo adquirindo un compromiso de formación.

Balance Cambre

O delegado territorial da Coruña aproveitou a visita para destacar o compromiso da Xunta de Galicia con este concello no que investiu case 4M€ a través dos distintos programas, axudas e actuacións que se executaron no ano 2018.

O representante do Goberno Autonómico apuntou que a Consellería de Política Social é a que realizou o maior esforzo inversor xa que aportou a este municipio máis de 1,5M€. Concretamente, máis de 886.000 euros para o mantemento de centros do dependentes do Consorcio Galego do Servizo de Igualdade e Benestar, 293.000 euros para os 68 beneficiarios da Axuda a Domicilio (SAF), 218.000 euros para o pago da RISGA de 39 usuarios e 146.000 euros para colaborar a través do Plan Concertado na prestacións dos Servizos Sociais do concello.

Tamén se referiu ao importante esforzo da Consellería de Economía, Emprego e Industria que chegou a un investimento total de máis de 940.000 euros en especial para plans de formación, axudas ás pemes e autónomos, para o fomento do emprego e para a dinamización empresarial neste municipio.

Outra das partidas importantes que recibiu este concello foi o Fondo de Cooperación Local que supera os 788.000 euros. Este fondos se transfiren directamente aos gobernos locais para que fagan un uso non finalista e para que sexan xestionados e tramitados por eles mesmos.