Saturday 16 de November de 2024

Os personaxes dos contos infantís acompañarán os Reis Magos nunha cabalgata con máis de 1.000 figurantes


Participarán 13 carrozas, 8 trenecillos, e 6 compañías de animación; e repartiranse 8.000 quilos de caramelos

O tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, presentou esta mañá a Cabalgata de Reis, que este ano terá como fío condutor os contos infantís e os seus personaxes e na que as nenas e os nenos serán os grandes protagonistas. “Un ano máis imos a facer realidade os sonos de miles de nenos cunha cabalgata de contos con Caperucita Roja e o lobo, Peter Pan, o frautista de Hamelín, a Sirenita, Pinocho, o Mago de Oz, Campaíña e as fadas, a Cincenta, Blancaneves e os sete enanos, Hansel e Gretel, o Soldadiño de chumbo ou o Libro da Selva; nun percorrido que nos levará, por primeira vez, á avenida Salvador de Madariaga e á rúa Alcalde Pérez Ardá; e que volverá encher de luces e ilusión a rúa Santiago Rei Fernández Latorre, a praza de Catro Camiños, custa da Palloza, avenida Primo de Rivera e Liñares Rivas, rúa Sánchez Bregua, Cantón Pequeno, Cantón Grande, avenida de La Marina e Montoto, rotonda de Porta Real, rúa María Barbeito e praza de María Pita,”.
En concreto, a Cabalgata contará con 13 carrozas, 8 trenecillos e 6 compañías de animación que acompañarán ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ata a praza de María Pita ao longo de 1.400 metros de cabalgata e con 1.063 figurantes que desfilarán cos personaxes dos contos e Melchor, Gaspar e Baltasar. “Para recibir estes máis de 1.000 figurantes contamos coa complicidade dos centros educativos da cidade, xa que os figurantes serán recepcionar no CEIP María Pita, no CEE A Nosa Señora do Rosario e no IES Ramón Otero Pedrayo; e contamos tamén coas instalacións do CEIP Ramón de la Sagra para as montaxes previas das compañías de animación”, explicou Fernández.
As súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ás 17.30 horas en coches de época ao campo de fútbol Víctor Fernández Alonso, onde serán recibidos por 90 paxes reais, os artistas de Manicómicos e tres charangas que poñerán a nota musical. O percorrido polas rúas da cidade iniciarase ás 18.00 horas e acompañarán a comitiva 1.063 figurantes, na súa maioría nenos e nenas da cidade, e os espectáculos de animación Les Luminóeles,Les Gnomikys, Les Ombres Blanches, The Mirror Family, Les Minúscules e Manicómicos, coas charangas Compostelana, DGT e Dixie Boys, “que este ano, como gran novidade, achegarán a cabalgata aos barrios de Matogrande, Monelos, Barrio das Flores e Elviña,” recordou.
” Les Luminóeles sorprenderanos cunhas estruturas de grande envergadura, iluminadas, que percorrerán o ceo coruñés; LesGnomikys, con 8 artistas e 6 músicos, farán as delicias dos máis pequenos con números sorprendentes durante todo o percorrido;Les Ombres Blanches presentaranos a 8 artistas cun vestiario impecable no que o branco e a luz son protagonistas; The Mirror Family é unha compañía que non deixará indiferente a ninguén, con personaxes futuristas que levan os seus corpos totalmente cubertos con espellos; Les Minúscules, con 11 seres alados que con estruturas sorprendentes deixarán a máis dun coa boca aberta; e Manicómicos, con 48 artistas que recrearán distintos contos acompañados coa música da Charanga Compostelá, os Dixie Boys e a Charanga DGT que poñerán o toque musical,” explicou Fernández, quen indicou que, como é tradicional, pechará o desfile a carroza dos Bombeiros da Coruña.

A concelleira destacou que se repartirán 8 toneladas de caramelos. “Ademais, máis de 1.200 bolsas de confetis e serpentinas e 1.200 globos de led encherán as nosas rúas e acompañarannos ata a praza de María Pita para o tradicional saúdo dende o balcón do Pazo Municipal dos Reis Magos a todos os coruñeses a partir das 21.00 horas”, anunciou.
“No noso compromiso coa seguridade -engadiu Fernández-primordial na Cabalgata, contaremos con 154 monitores e repartiranse máis de 25.000 dípticos con consellos de seguridade nos centros educativos da cidade, asociacións de veciños, centros cívicos, Fórum Metropolitano e Ágora.
A todas estas actividades sumaranse as visitas previas que os Reis Magos realizarán por toda a cidade. Así, recollerán as cartas de todos os nenos e nenas nos centros cívicos da Silva (día 16), Os Mallos (17), Elviña (22), Novoboandanza (26), Eirís (29), ou Castrillón (29), San Diego (29), Mesoiro (29), Visma (29), Labañou(29), Artesáns (30), Feáns (30), Monelos (30), Pescadores (30), Monte Alto (2 de xaneiro), Os Rosales (2) e Palavea (3). Ademais, realizarán visitas a hospitais e residencias da terceira idade e a tradicional visita ao Pazo Municipal os días 2, 3 e 4 de xaneiro, en horario de 17.00 a 20.00 horas.
Papá Noel tamén pasará por distintos barrios e zonas comerciais da cidade e visitará 29 centros de educación Infantil e Primaria e escolas infantís municipais.