Comezará ás 17:00 horas e incluirá desfile de disfraces, degustación de orellas, filloas e chocolate con churros, inchables, obradoiros e maxia de preto con Charly Braun
O Concello de Lousame celebrará o seu Festival de Entroido mañá sábado 2 de marzo, de 17:00 a 20:00 horas, no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva). Un festival no que non haberá Concurso de Disfraces, substituído por un Desfile de Disfraces no que por primeira vez non só desfilarán os nenos e nenas, senón tamén as persoas adultas.
A festa incluirá sete actividades diferentes: barredora humana, búfalo mecánico, multiarcos, bola de demolición, tobogán pallasos e obradoiros de caroutas e de maquillaxes. Paralelamente, o mago Charly Braun estará toda a tarde facendo trucos de maxia de preto para os distintos grupos que estean desfrutando da festa. Así mesmo, haberá degustación de orellas, filloas e chocolate con churros