A parroquia de Fao, tamén o martes de entroido, terá a súa cita dos Xenerais da Ulla
O Concello de Touro vive o próximo martes de Entroido o seu día de celebración do Entroido. O 5 de marzo está prevista a IX Feira do Entroido en Fonte Díaz. Todos os días 5 de cada mes celébrase a feira nas rúas da capital de Touro. A do próximo martes será a do Entroido. A celebracón comenzará ás 12.00 horas diante da sede do Concello coa Xuntanza dos Xenerais, que lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel I. Alí prepararánse os Xenerais cos seus vistosos traxes e sairán a cabalo ás 12.30 horas. O desfile dos personaxes do entroido, onde poderán participarán todos os veciños e veciñas e os forasteiros que o desexen, percorrerá as rúas de Fonte Díaz, onde ese día están instalados os postos de venta da feira. Os atranques están previstos para ás 13.00 horas. De 13.00 a 14.30 horas haberá a degustación de productos do entroido nun posto ubicado diante do Concello de Touro. Haberá música nas rúas a cargo de A Pinguela de Bama, As nenas do sapo dourado, músicos da Escola da Band de Música Isabel II de Touro e a Charanga Os Atrevidos.
Xa pola tarde será a hora do Entroido na parroquia de Fao. Alí celébrase o Entroido de de Fao unha das citas do entroido no Concello de Touro que ten como protagonistas aos Xenerais da Ulla. Comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa de Fao coa Rumba da Susita. Contará a continuación co discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos dous protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada coa súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao. Tamén está previsto o tradicional enterro do entroido de Fao. E outras trangalladas.