Os máis novos do Club Atlética A Silva-Ordes desprazáronse recentemente ata Ourense para participar no Campionato Galego de pista cuberta. Alma Bello Iglesias, na categoría S10, subiu ao máis alto do podio e proclamouse campioa galega en 50 metros, ademais de rematar cuarta en lonxitude. Na categoría S12 Juan Loureiro Mosquera obtivo o bronce en 500 metros. Icía Ares Betanzos ocupou a cuarta posición nos 500 femininos. Tamén hai que destacar o cuarto posto de Bruno García Blanco.
Sexta posición, ademais, para María Pena no Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Largos Menores, o cal tivo lugar en Castelló. Ata alí se volverá a desprazar en xuño para participar no Campionato de España S18.
Finalmente Ana María Abuín alzouse con dúas pratas no Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos Máster, que tivo lugar na localidade madrileña de Moratalaz, en lanzamento de martelo e de martelo pesado. Asemade, o adestrador do club, José Domínguez Caballero, alcanzou o primeiro posto en lanzamento de xavelina.