Saturday 16 de November de 2024

A segunda edición de ‘Coru…ñam! ‘ evitou o desperdicio de 500 quilos de alimentos


A área que dirixe Enrique Salvador destaca a boa acollida da iniciativa e agradece a colaboración dos participantes

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio que dirixeEnrique Salvador, informa do resultado da segunda edición da campaña Coru…ñam! que o Concello impulsou entre o 22 e o 30 de novembro coa participación dun total de 30 establecementos da cidade. A iniciativa, que o ano pasado foi pioneira en Galicia e que se desenvolve no marco da Semana Europea da Prevención de residuos, ten como obxectivo contribuír ao aproveitamento dos alimentos e evitar convertelos en desperdicios.
A información da campaña chegou, ao longo dos seus nove días, a un total de 9.980 comensais, o que supón case duplicar o número de persoas da primeira edición. Delas, a un 20% sobroulle comida e o 32% decidiu levársea. En total, repartíronse 638 friameiras e 77 botellas. Deste modo, Coru…ñam! logrou evitar que 500 quilos de comida se convertesen en residuo, un 60% máis que na edición anterior. Ante estes resultados, Enrique Salvador agradece a boa acollida da iniciativa e agradece a súa colaboración a todos os participantes.
A Semana Europea da Prevención de residuos é un proxecto apoiado polo Programa LIFE+ da Comisión Europea co obxectivo de aumentar a concienciación sobre a prevención na xeración de residuos.