Friday 22 de November de 2024

Clausura do primeiro dos obradoiros de cociña e repostería de Entroido


Un total de 25 veciñas e veciños do municipio recibiron cadanseu diploma por participar no primeiro dos obradoiros de cociña e repostería deste Entroido.

Para entregalos alí estivo o alcalde Manuel Ruiz, quen ademais de felicitalos polo seu traballo anunciou que precisamente onte se asinou o contrato para crear a nova escola de hostalería no mercado municipal, razón pola cal esperou que tanto os seguintes cursos desta índole como sobre todo outros para poder formar profesionalmente aos asistentes xa se poidan realizar nas novas e modernas instalacións.