Ovidio Rodeiro e José Luis Oujo visitaron a zona para comprobar o resultado no intenso tráfico que rexistra esta zona
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, comprobaron o resultado das obras da glorieta da travesía de Portosín na estrada comarcal AC-550 nas que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investiu 370.000 euros. Este proxecto se inclúe dentro das distintas actuacións que a Xunta de Galicia está levando a cabo para eliminar os puntos negros da rede viaria galega.
As obras realizáronse nunha zona clave no concello de Porto do Son e do núcleo de Portosín, polo elevado tránsito de vehículos. Esta nova intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometeuse atendendo ás demandas dos veciños, nun punto, onde conflúen o propio acceso ao peirao pola Travesía da Igrexa, a estrada autonómica AC-550, e a Avenida da Constitución, que está identificado como un treito de concentración de accidentes (TCA).
Esta actuación consistiu en habilitar unha glorieta na intersección da AC-550 no acceso ao porto de Portosín e na Avda da Constitución, un punto moi conflitivo no que respecta ao tráfico rodado pois rexistra unha grande cantidade de vehículos pesados que se dirixen cara o porto. Ademais, nos meses de verán a intensidade de coches aumenta considerable. Este cruce tiña tamén escasa visibilidade.
“Con esta glorieta, apuntou Ovidio Rodeiro, o primeiro que conseguimos foi reducir a velocidade dos vehículos que chegan á mesma e permite facer xiros moito máis seguros” Ademais, colocáronse pasos de peóns para mellorar a seguridade dos viandantes e se mellorou o alumeado para facer moito más segura a zona.
Tratouse dunha intervención de reforzo da seguridade nas estradas de titularidade autonómica, materia prioritaria para a Xunta, e que ten o seu marco no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020, que teñen como obxectivo último reducir nun 50% as vítimas mortais das estradas galegas con respecto ás rexistradas no ano 2011.
Ademais, a actuación continúa na Avda da Constitución coa urbanización do antigo trazado da AC-550, no acceso á igrexa de Goiáns. Se está levando a cabo unha reorganización do espazo dispoñible para habilitar unha zona para o estacionamento de vehículos e se está levando a cabo a rehabilitación do camiño da igrexa co creación de zonas verdes e paseos peonía. Ademais, tamén se colocará unha pasarela de madeira para facilitar o acceso ao templo. Estas obras seguen a bo ritmo xa que o prazo da obra remata en xullo.