O Concello de Ordes vén de rematar recentemente a mellora e remodelación levada a cabo no cemiterio municipal do Piñeiro. O investimento total desta obra ascendeu a preto de 61.500 €, cantidade aboada con parte do remanente de 2017.
Unhas obras de humanización que supuxeron a pavimentación de máis de 1.000 metros cadrados de superficie con formigón, a colocación de lousado de granito e de bordos de formigón prefabricado, ademais da instalación do sistema de recollida de pluviais.
Esta intervención levouse a cabo en dúas fases. A primeiras delas, na que se completou o 60% de todo o proxecto, rematouse xa a finais de outubro, co fin de poder celebrar nas mellores condicións os actos de homenaxe ao Soldado Lois na festividade de Todos os Santos.