Un cento de rapaces e rapazas de Secundaria do CPI Cernadas de Castro participou no recital poético-musical organizado o pasado venres polo Concello de Lousame para celebrar o Día de Rosalía de Castro. Un acto que estivo presidido pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais.
A actividade estivo protagonizada pola soprano noiesa Esperanza Mara quen, acompañada por Juanma Varela ao piano, deu lectura a varios poemas da poetisa galega e interpretou varias pezas musicais baseadas en textos de Rosalía. Así mesmo, once alumnos e alumnas do CPI Cernadas de Castro recitaron outros tantos poemas da homenaxeada.