A Aula CeMIT de Riveira traerá na primeira quincena de marzo catro novos cursos gratuítos dirixidos a todos aqueles interesados en perfeccionar os seus coñecementos sobre novos tecnoloxías:
• “Como facer unha videoconferencia co ordenador e co móbil”: terá lugar o venres 1 de marzo de 16 a 19 horas.
• “Crea carteis espectaculares de forma sinxela”. Acontecerá os días 4, 6, 11 e 13 de marzo, de 16.30 a 18.30 horas.
• “Mantén as túas fotos e vídeos a salvo con Google Fotos”. Desenvolverase os días 5, 7, 12 e 14 de marzo, de 10.30 a 12.30 horas.
• “A contratación de viaxes e a economía colaborativa”: o luns 11 de marzo de 12 a 13 horas.
As inscricións pódense formalizar na Aula CeMIT de Riveira (rúa 1 Cubeliño 20 baixo (teléfono 981 876 043) ou ben telematicamente en https://cemit.xunta.gal/es/centro/67