Friday 22 de November de 2024

Arrancan as obras da instalación dun pozo de bombeo e unha rede de saneamento na rúa das Revaleiras en Palmeira


 

O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación consistente na instalación dun pozo de bombeo e unha rede de pluviais na rúa das Revaleiras, na localidade de Palmeira.

A empresa Vías y Servicios Generales, S.L.. está sendo a encargada de realizar esta actuación, que composta un investimento de 43.703 euros, IVE incluído, e enmárcase no POS+ 2017 da Deputación.

O proxecto elaborado polos servizos técnicos do Concello vai permitir eliminar un punto de vertido á ría de Arousa posto que co saneamento existente as augas residuais desembocaban alí. Neste senso, vanse instalar un colector de PVC de 83 metros de lonxitude e unha tubaxe de impulsión de polietileno de 97. Así mesmo, colocarase unha estación de bombeo e todo isto será conectado coa rede municipal xeral.

Polo que se refire á canalización de augas pluviais, construiranse arquetas sumidoiros de formigón prefabricado e pozos de rexistro que irán conectados a unha tubaxe existente.

A actuación comportará tamén unha nova pavimentación a base de formigón (79 metros cadrados) e aglomerado asfáltico (272 metros cadrados).

O prazo de execución son tres meses.