Friday 22 de November de 2024

Ouro, prata e bronce para o Atlética A Silva-Ordes no Campionato Galego de Péntatlon de Lanzamento


 

O Atlética A Silva-Ordes segue a demostrar o bo nivel dos seus atletas. Nesta ocasión hai que destacar a actuación de Ana María Abuín Pazos (F55) e de Xosé Manuel Núñez Sánchez (M50) tras acadar cadansúas medallas de ouro no Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster. Unha cita na que Carlos Vera Domínguez (M50) obtivo o bronce. Por outra banda, Daniel Loureiro Mosquera foi o primeiro clasificado en lanzamentos longos (S18 e S16), mentres que Arantxa Ferreiro Figueira (S16) e María Pena Ferreiro (S18) finalizaron en segunda posición. Precisamente esta última trasladarase esta vindeira fin de semana a Castelló para participar no Campionato de España de Lanzamentos Longos.

Por outra banda, Icía Ares Betanzos (categoría alevín feminina) rematou en sexta posición xa no que se refire ao Campionato Galego de Campo a Través que tivo lugar en Pereiro de Aguiar.