lto nivel de satisfación entre os comerciantes de Ordes que participan na oitava edición da Feira de Oportunidades organizada polo Concello. Coincidindo co día dos namorados por fin abriron as portas deste mercado polo que xa se paseou abundante público coa carteira na man para facerse con algunha ganga. E precisamente iso é o que abunda nos 13 postos situados no primeiro andar da Praza de Abastos. Calzado e roupa dende 10 euros e incluso menos, complementos dos máis diversos estilos, prendas tanto para o inverno como de entretempo e moito máis.
Cabe lembrar que esta cita manterase ata o vindeiro sábado de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas. Tamén haberá un recuncho infantil o xoves e venres de 18 a 20 horas, mentres que o sábado ampliarase dende as 18 ata as 20 horas.
Nesta nova edición as firmas participantes son: Alfombra Roja (zapatería), Blanco Moda (infantil e xuvenil), Carma (zapatería), Chic (moda muller), Dress (moda muller), Juan Carlos Varela (moda infantil), Mis Personajes (xoguetería), Muxa (moda muller), Peteiro (decoración), Arco Iris (mercería), Dana e Aine (complementos), Numa (moda muller) e Sportec (deportes).