En total investíronse algo máis de 150.000 euros para a mellora dos viais máis importantes desta área
O Concello de Ordes vén de rematar coas obras de mellora que dende hai algo máis dunha semana estaba a realizar no polígono industrial de Merelle. Un investimento que se cifra en algo máis de 100.000 euros e cuxa cifra final supera os 150.000 euros unha vez aplicados os gravames correspondentes aos gastos xerais, beneficios industriais e o IVE
En total son máis de 600 metros de estrada nos que se realizaron tarefas de reparación de fochas, arranxo de rodeiras e aplicación de capas de conglomerado. Unhas obras que se acometeron ao longo de dous tramos. O primeiro vai dende a rotonda de entrada na N-550 ata a Rolda Leste, e outro transcorre dende a gardería municipal Sorrisos ata a primeira intersección situada na vía principal. Todo elo facilitará e mellorará o tránsito de vehículos rodados pola zona, a cal presentaba un aspecto deteriorado debido á combinación das inclemencias meteorolóxicas e ao continuo tránsito de camións de gran tonelaxe e todo tipo de vehículos.