Friday 22 de November de 2024

Charla do profesor Carracedo no IES Nº 1 de Ordes


 

Anxo Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de ser o actual director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras, visitou recentemente o IES Nº 1 de Ordes. Alí ofreceu o seu relatorio ‘Pescando xenes’, no que fixo un repaso á súa vida académica e profesional, centrándose no seu labor investigador e animando ao alumnado a que estuden e se dediquen ao que os faga felices.