O Concello de Lousame vén de homenaxear á súa veciña Consuelo Teijeiro Suárez, da parroquia de Tállara, con motivo do seu centésimo aniversario. A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, desprazáronse este sábado ata a aldea de Merelle para entregarlle unha placa conmemorativa e un ramo de flores durante a festa que reuniu aos seus cinco fillos/as e a numerosos netos/as e bisnetos/as.
Consuelo Teijeiro vive en Merelle co seu fillo Víctor, de 64 anos. É natural de Rianxo, onde a familia tivo un aserradoiro e despois tivo un taller mecánico en Ribeira. Nai con tan só 16 anos (o seu fillo maior vai cumprir 84 anos), pasou sete anos en Francia, como axudante de cociña, para volver a Noia, onde a súa familia tivo unha tinturería e un bar. Finalmente, pasou a residir en Lousame, onde viven dous dos seus fillos.