Nos últimos tres anos, o Goberno local incrementou en máis dun 50% o total de aparcabicis na cidade
O Concello, a través da área de Mobilidade que dirixe Begoña Freire, informa da instalación de novos puntos de aparcabicis, seguindo os criterios de Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) e atendendo, ademais, as demandas e necesidades que trasladaron os cidadáns e colectivos nas fases de participación do devandito Plan e a través da web doPMUS.
En total, con esta actuación darase cobertura a 274 bicicletas en 44 novas localizacións que se suman ás 83 localizacións xa existentes. O obxectivo é o de xerar unha maior dispersión dos aparcabicis, xa que os usuarios deste medio de transporte demandan, pola súa facilidade para acceder a calquera punto, que o seu estacionamento sexa o máis preto posible do seu destino. Por este motivo, as recomendacións levan a que, salvo en determinados puntos de concentración como estacións, oficinas ou equipamentos municipais, é conveniente instalar poucos soportes en cada punto, pero moi repartidos.
Ademais, outra das novidades é que se optou por utilizar de forma xeneralizada o modelo universal e recomendado por diversas institucións e pola maioría de usuarios: a OU invertida. Respecto aos criterios para seleccionar as localizacións, dáse prioridade a centros xeradores de viaxes como centros educativos, complexos deportivos ou centros de saúde; e ás necesidades que foron trasladadas polos cidadáns, en consenso coas asociacións ciclistas, coas que o Concello mantén unha liña de traballo e estreita colaboración para sumar na aposta decidida e contundente pola mobilidade ciclista.
Así, algunhas das novas situacións localizaranse nos seguintes centros educativos: IES Paseo das Pontes, Rafael Puga Ramón, Urbano Lugrís e Monelos; nos CEIPS Wenceslao Fernández Flórez,San Francisco Javier, Sagrada Familia, Concepción Areal, Sal Lence; no Colexio Compañía de María; e na Escola Infantil Das mariñas, así como en CEE Santiago Apóstolo. Ademais, haberáaparcabicis en espazos deportivos como: o Centro Deportivo de Monte Alto, o Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo(Vioño), Complexo Deportivo da Sardiñeira, o Campo Municipal de Fútbol Víctor Fernández Alonso.
Outros dos novos puntos contemplarán zonas especialmente frecuentadas como: o centro cívico do Castrillón, praza deIndalecio Priero, Pazo da Ópera, Audiencia Provincial, CHUAC, rúa Barcelona, centro de saúde de Matogrande, avenida de Joaquín Planells, cale da Gaiteira, parque de Santa Margarita, praza de San Vicente, centro de día de Eirís, centro de saúde do Ventorrillo, praza Elíptica, praza de Pontevedra, praza de Azcárraga, avenida de Primo de Rivera, centro comercial de Catro Camiños ou no interior da estación de autobuses que, ademais de ser un espazo cuberto e de protección para a bici, supón unha aposta decidida a favor da intermodalidade bici – transporte público e por fomentar a mobilidade ciclista.
Nos últimos tres anos, o Concello incrementou en máis dun 50% o total de aparcabicis instalado na cidade.
Esta actuación súmase a outras moitas que o Goberno Municipal, a través da área que dirixe Begoña Freire, está a poñer en marcha para fomentar o uso da bicicleta no ámbito urbano co obxectivo de multiplicar por 12 os desprazamentos diarios neste medio e pasar dos 2.000 actuais aos 25.000 en dez anos.
Para iso, dedicóuselle á bici un apartado moi importante no Plan de Mobilidade que considera unha rede de itinerarios ciclistas deseñados cos propios ciclistas. Ademais, revisáronse todas as obras ordinarias de forma que a colocación de mobiliario e distribución se adapte aos itinerarios formulados e subscribíronse convenios de colaboración cos colectivos ciclistas; incluído a presenza da bicicleta na Semana Europea da Mobilidade e, en xeral, en todas as accións de mobilidade que realiza o Goberno municipal.