O Concello de Lousame organiza dous cursos monográficos de cestaría e cerámica, que terán lugar na Casa da Cultura entre os meses de febreiro e abril. Dous cursos incluídos no programa “Actívate”, polo que o Concello de Lousame convocou oito cursos formativos para adultos, e dos que quedan prazas libres. As inscricións poden realizarse no teléfono 981 825 780.
O curso monográfico de cestaría terá unha duración de dúas horas e media e que será impartido pola artesá Idoia Cuesta. Unha sesión que terá lugar o sábado 23 de febreiro, en horario de 11:00 a 13:30 horas ou de 16:00 a 18:30 horas, na Casa da Cultura lousamiá. O prezo é de 10 euros, material incluído. Idoia Cuseta é unha creadora téxtil nada no País Vasco e afincada en Lugo, onde iniciou a súa actividade artesá vencellada á cestaría e ao téxtil.
Pola súa banda, o curso monográfico de cerámica terá lugar en dúas sesión: o sábado 9 de marzo e o sábado 6 de abril, en horario de 11:00 a 14:00 horas. O prezo do curso é de 15 euros, material incluído, e será impartido por Manuel Figueiras, ceramista artesán que ten o seu obradoiro en Muros. Figueiras é un artesá que traballa principalmente co torno, empregando técnicas como o modelado ou as planchas.