Friday 22 de November de 2024

Lote de medallas para o Club Atlética A Silva-Ordes tras o seu paso por distintos campionatos


 

Primeira posición para os equipos alevín e infantil feminino e para o alevín masculino no Campionato Intercomarcal de Campo a Través disputado en Santiago recentemente. Unha vitoria á que lle hai que sumar a clasificación en semifinais de Gloria Pena tras participar hai poucos días en Ourense no Campionato Galego de Pista Cuberta.

Na última fin de semana de xaneiro o equipo alevín masculino foi bronce no Campionato de Galicia de Campo a Través de Menores que tivo lugar na Rúa. Na mesma proba Diana Mosquera Suárez, categoría S14, quedou nun destacado noveno posto.

Lugo foi a cidade escollida para o Campionato de Galicia de Probas Combinadas. Ata alí desprazáronse José Domínguez Caballero, ouro na categoría máster e marca mínima para o Campionato de España, e María José Fraga, prata en veteranos. Tamén cunha prata regresou Daniel Loureiro na categoría S16. Alejandra Souto, categoría S14, entrou en novena posición na liña de meta.
Paula Roca e Xiana do Río Couto obtiveron o oitavo e duodécimo posto respectivamente no Campionato Galego de Marcha. A proba foi na Pobra esta pasada fin de semana.