Esta fin de semana disputouse en Ordes o Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe Artística (fase provincial). Sobre a pista do pavillón Castelao I déronse cita máis de 80 patinadores e patinadoras, os mellores da provincia da Coruña.
Antía Calvo Grela, Lucía Deus Recouso, Daniela Iglesias Gende, Alba Diéguez Veiras e Lara Reboredo Franqueira foron as representantes locais en varias das categorías.
Xiana Royo, Martina Fernández e Olivia Rey foron as mellores alevíns. As mellores marcas na categoría infantil obtivéronas Unai Cereijo, Diego Íñiguez e Jorge Sanmartín, no caso da masculina; e María Grela, Antía Lourido e Alejandra Olveira na feminina. Por outra banda, a clasificación cadete estivo encabezada por Lucía Fernández, Soraya Santos e Paula Rey, mentres que na júnior o fixeron Noelia Rodríguez, Manuela Vila e María Iglesias. Por último, Isis Basanta, Martina Bravo e María Castedo proclamáronse gañadoras na sénior.
Ana Soneira, concelleira de Deportes, entregou os trofeos aos gañadores e gañadoras desta competición, a cal foi organizada polo Club Galia e patrocinada por Deleite. Nela tamén colaboraron tanto a Xunta de Galicia, como a Deputación da Coruña, Deporte Galego, Federación Galega de Patinaxe e o mesmo Concello de Ordes.