O local social de Lestedo acolle mañá ás 21.00 horas a sesión Contos na Lareira. O galego fala. Trátase dunha actividade organizada pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio en colaboración co Concello de Boqueixón, a Deputación da Coruña e Ramsa.
Esta sesión estará protagonizada polo poeta e contacontos galego Celso Fernández Sanmartín. O acceso á actividade é de balde para socios e socias da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio. Para o público xeral, a entrada ten un custo de 3 euros.