Friday 22 de November de 2024

A Mancomunidade de Ordes aproba a continuidade dos servizos sociais básicos


 

Ordes e Frades solicitan 97.000 € da Deputación para o mantemento do persoal administrativo e dos servizos de educación familiar e de axuda a domicilio

Esta semana a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes celebrou o primeiro pleno do ano, no cal se acordou o mantemento dos servizos sociais básicos dos concellos de Ordes e Frades de maneira conxunta, do mesmo xeito que se viña dando. Para isto solicitarase unha achega económica de arredor de 97.000 € por parte de Deputación da Coruña.
Unha contía que posibilitará o mantemento do persoal administrativo, dunha educadora familiar e o servizo de axuda domiciliaria de libre concorrencia.