Friday 22 de November de 2024

Ordes, sede do Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe


A competición terá lugar mañá sábado durante todo o día no pavillón Castelao I. Antía Calvo Grela, Lucía Deus, Daniela Iglesias, Alba Diéguez e Lara Reboredo serán as representantes locais nesta proba

Mañá sábado, 26 de xaneiro, terá lugar en Ordes o Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe Artística (fase provincial), concretamente no pavillón Castelao I. Nel participarán unha selección dos 80 mellores patinadores e patinadoras de toda a provincia da Coruña, entre os que se atopan numerosos podios nacionais e internacionais.

A representación ordense correrá a cargo de Antía Calvo Grela e Lucía Deus Recouso na categoría alevín. Na infantil o protagonismo será para Daniela Iglesias Gende. Alba Diéguez Veiras e Lara Reboredo Franqueira loitarán por obter a mellor puntuación na categoría cadete. As competicións sucederanse ao longo de toda a xornada de mañá, concretamente de 10.20 a 14 horas e de 16.20 a 20 horas.

Nesta competición, organizada polo Club Galia e patrocinada por Deleite, tamén colaboran: Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Deporte Galego, Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Ordes.