Friday 22 de November de 2024

Teresa Villaverde presenta en FITUR os atractivos do turismo industrial e a gastronomía do xeodestino Muros-Noia


 

A presidenta da ARD Muros Noia e alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, presentou os atractivos do turismo industrial e a gastronomía do xeodestino Muros-Noia no stand do Grupo RV Edipress en FITUR. Unha presentación que se complementacoa presentación que tivo lugar no stand de Turgalicia no Pavillón 9 C 07 de FITUR.

Teresa Villaverde salientou os distintos atractivos existentes na Ría de Muros Noia, facendo fincapé nesta ocasión na riqueza do patrimonio industrial existente na zona. A Central Hidroeléctrica do Tambre e a Fábrica de Curtidos da Chaínza (Noia), as Minas de San Fins e a antiga fábrica papeleira de Fontán (Lousame); o muíño das Mareas (Muros); as carpinterías de ribeira (Outes) ou as antigas salazoneras de Porto do Son foron algúns dos puntos fortes destacados pola presidenta da ARD.

Villaverde Pais estivo acompañada na presentación polo presidente da D.O. Ribeiro, Juan Casares, e polo responsable do xeodestino desta comarca, Francisco Fernández. Un acto de presentación á prensa acreditada en FITUR que incluíu tamén a degustación de produtos da Ría da Estrela, como son os berberechos de Noia maridados con viño do Ribeiro.