O alcalde de Brión, José Luís García, entregou os premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame destinado á poboación escolar dos centros de ensino do municipio. Un acto que tivo lugar nas instalacións do CEIP de Pedrouzos e no que os nenos e nenas premiados recibiron vales de 30, 25 e 20 euros canxeables por libros, xogos ou material escolar.
José Luís García agradeceu a colaboración do profesorado do CEIP de Pedrouzos, da escola infantil municipal e das unitarias de Sabaxáns, Os Ánxeles e Luaña, hoxe representados polo director do CEIP de Pedrouzos.
Despois dunha nada doada selección, o xurado deu a coñecer o seu veredicto e escolleu as que considera mellores postais deste ano:
1º CICLO DE PRIMARIA
1º Premio: Gonzalo Boullón Leis, de 1º C
2º Premio: Fabián Martínez Vázquez, de 1º B
3º Premio: Rodrigo Lago Quintela, de 1º A
2º CICLO DE PRIMARIA
1º Premio: Daniel Caramés Giménez, de 3º C
2º Premio: Lucía Martínez Caamaño, de 4º A
3º Premio: Juan Diego Rojas Vivas, de 4º C
3º CICLO DE PRIMARIA
1º Premio: Iria Castro Méndez, de 5º C
2º Premio: Brais Bustelo Rodríguez, de 5º B
3º Premio: Mara Villamarín García, de 6º A
Ademais, levaran un libro de agasallo do Concello os/as seguintes finalistas do CEIP Pedrouzos nas categorías Infantil (Julia Lago Rey, Hugo Calvo García, Nicolás Fontaiña Varey, Paula Señorís González, Martina Remuiñán Nieto e Adrián Lourido Gómez) e Primaria (Andrés Patiño Sanjurjo, Itziar Pérez Fojo, Iria Galan Martínez, Elia Rivera Mayo, Saraina Dapena Antelo, Daniela Mirazo López, Martín Rodríguez García, Carola Rodríguez García e Diana Bouzas Sánchez).
Tamén recibiron premio o alumnado de infantil da Escola Unitaria de Sabaxáns: Vega Álvarez Mosquera, Iker Silva López, Sira Blanco Freire, Andrea Mayo Vázquez, Lluvia Nieto Mera, Daniela Mosquera Asorey, Simón Rodríguez Gómez, Iria Orosa Diz, Yago Gómez Souto e Celia Mella Rama. Finalmente, o Concello de Brión tamén entregou un vales ás escolas dos Ánxeles (30 euros), Sabaxáns (25 euros), Luaña (20 euros), así como ao CEIP Pedrouzos (70 euros) e a escola infantil municipal (30 euros).