Friday 22 de November de 2024

O Concello de Brión convoca un curso de iniciación á informática e outro de power point


 

O Concello de Brión vén de presentar a súa oferta formativa para o vindeiro mes de febreiro, que inclúe dous cursos que terán lugar na aula Cemit emprazada na Carballeira de Santa Minia. Trátase dun curso de iniciación a informática, que terá lugar os luns e mércores, de 20:00 a 22:00 horas, entre o 11 de febreiro e o 13 de marzo; e un curso de power point que se desenvolverá os martes e xoves, de 10:30 a 12:30 horas, do 12 de febreiro ao 21 de marzo.

En ambos casos, o Concello de Brión oferta 12 prazas por unha cota de 30 euros, cun desconto do 50% para persoas desempregadas: 15 euros. Ambos cursos terán unha duración de 20 horas lectivas. As inscricións poden formalizarse ata 1 semana antes do inicio do curso na Casa da Cultura de Brión, chamando ao 981 50 99 08 ou enviando un correo electrónico a empregobrion@gmail.com.