Boqueixón celebrou esta mañá o Día do San Vicente, patrón do Concello, coa tradicional recepción á veciñanza no Consistorio. O acto estivo presidido polo alcalde, Manuel Fernández Munín, e contou coa presenza de integrantes da Corporación Municipal.
As persoas asistentes a estas celebración tiveron a oportunidade de gozar dos acordes da Banda de Música de Negreira. A agrupación interpretou varias pezas no Salón de Plenos como complemento á recepción á veciñanza, á que tamén se lle ofreceu un variado ágape.
A celebración continuou cunha misa solemne na honra do patrón do municipio. O programa de actos finalizou cun concerto da Banda de Música de Negreira.