Friday 22 de November de 2024

El Rincón del Chocolate e Botter, gañadores dos Concursos de Escaparatismo e Decoración Hostaleira de Nadal


 

El Rincón del Chocolate e Botter foron, respectivamente, os gañadores dos Concursos de Escaparatismo e de Decoración Hostaleira de Nadal segundo decidiron os mais de 2000 votantes a estes certames coorganizados pola Asociación de Empresarios e o Concello de Riveira.

Para a realización in situ dos obsequios e diplomas distintivos se achegaron esta mañá aos locais agraciados o alcalde Manuel Ruiz, o presidente do colectivo empresarial Antonio Miranda e o concelleiro de Turismo e Comercio Antonio Freire.

No Rincón del Chocolate foron recibidos por Diana Muiños e no establecemento hostaleiro Botter a encargada foi Marián Ramos.

O total dos votos emitidos asecendeu a 2.150 e, cabe recordar que, entre todos os que o fixeron se rifou un vale de 100 euros para invertir no comercio local de Riveira. O número agraciado foi o
1.193.