Ovidio Rodeiro destacou que o servizo de atención está sendo cuberto en todo momento por outros facultativos, polo que, en ningún momento os nenos destes concellos quedaron sen asistencia e sen cobertura médica
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro,
realizou participou esta mañá, nun encontro de traballo organizado polo alcalde de As Somozas, Juan Alonso Tembrás, no que reiterou o compromiso do goberno galego de restaurar o servizo Pediatría no centro de saúde de San Sadurniño cando se atope un pediatra. Neste sentido, indicou que o profesional, que desempeñaba estas funcións con anterioridade, aprobou unha oposición e incorporouse ao seu novo destino e agora toca cubrir esta praza cando se atope un profesional dispoñible, algo que polo momento non é posible.
Ovidio Rodeiro destacou que “imos a seguir prestando a asistencia pediátrica como se viña facendo ata agora en canto se poida incorporar un profesional. Temos a praza dotada económicamente e forma parta da estrutura da plantilla, polo tanto non é unha cuestión de cartos, é un problema de falta de profesionais”.
Ovidio Rodeiro subliñou que, mentres tanto, o servizo de atención sanitaria está sendo cuberto por outros facultativos no centro de saúde de San Sadurniño, polo que en ningún momento os 330 nenos, que residen nestes catro municipios, quedaron sen asistencia ou sen cobertura médica.
O representante do Goberno Galego dixo que “a falta de pediatras é un problema común en toda España”. En consecuencia, hai dificultade para contratar substitutos porque non hai profesionais desempregados neste campo “. “Non estamos falando dun problema de falta de recursos económicos, ou de falta de vontade é un problema de falta de profesionais nesta especialidade en Galicia”. “É unha realidade coa que temos que traballar “, sinalou. Ademais, destacou que “a cobertura da asistencia pediátrica en Galicia é case o 90%. Isto é, do total de prazas, o 90% son cubertos por especialistas pediátricos, en comparación co 50% noutras rexións”.
Ovidio Rodeiro, explicou que, na actualidade, en Galicia a situación é dunha ratio media de 955 nenos por pediatra, moi por debaixo da media do Sistema Nacional de Saúde de 1.040 nenos por profesional. Lembrou que “a Consellería de Sanidade xa adoptou varias medidas, como a petición ao Ministerio de Sanidade para a acreditación de novas unidades de formación para aumentar, aínda máis, a oferta de prazas MIR desta especialidade”. Actualmente ofértanse en Galicia as 20 prazas que xa están acreditadas e se solicitaron un total de 26 prazas máis. A Xunta de Galicia tamén pediu ao Ministerio de Sanidade que reúna ao grupo de traballo no marco do Consello Inter-territorial do Sistema Nacional de Saúde para analizar a escaseza de profesionais médicos, xa que este grupo non se reuniu de novo desde a chegada do actual Goberno Central.