Saturday 16 de November de 2024

A Xunta inviste máis de 83.000 euros na mellora da eficiencia enerxética no concello da Baña con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde da localidade, José Andrés García, asinaron as actas durante a visita ás obras

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou xunto ao alcalde de A Baña, José Andrés García e a alcaldesa de Santa Comba, María José Pose, a acta de recepción das obras realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
En total, investíronse algo máis de 83.000 euros mellora da eficiencia enerxética nos alumeados públicos da Ermida e Ser.
En total, ao abeiro destas axudas realizáronse 18 proxectos na comarca de Santiago grazas a un investimento da Xunta de Galicia de máis de 546.000 euros nos concellos de Arzúa, A Baña, Santa Comba, Boimorto, Dodro, Frades, Mesía, Negreira, Padrón, Rois, Toques, Tordoia, Touro e Ordes.
Ovidio Rodeiro destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.
Estas novas actuacións previstas para o 2018 financiáronse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e con cargo a fondos propios da Orden de Infraestruturas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.