O auditorio da Casa da Cultura encheuse de público para ver aos preto de 70 participantes que subiron ao escenario cos seus instrumentos
Tivo lugar o festival de aninovo ofrecido polos alumnanado da Escola Municipal de Música do Concello de Ordes. Arredor de setenta alumnos e alumnas do centro de distintas idades subíronse ao escenario para amosarlle ao numeroso público asistente os avances e coñecementos adquiridos nestes últimos meses.
Entre as materias e programas de aprendizaxe que se imparten neste curso figuran: música e movemento, linguaxe musical, coro, combo rock, banda de inicio, banda xuvenil de ventos e percusión e big band. Como especialidades inclúense tamén clases de guitarra, piano, trompeta, trombón, tuba, trompa, bombardino, clarinete, saxofón e frauta.
Cabe sinalar que recentemente o Concello de Ordes levou a cabo unha importante remodelación das instalacións da escola co fin de mellorar, entre outras, as condicións térmicas e lumínicas, así como todo o sistema eléctrico. Nesta primeira fase investíronse 40.000 € (80% subvencionado pola Xunta de Galicia).