O Concello de Riveira informa da adxudicación dunha actuación dirixida ao aglomerado dun camiño situado no lugar de A Graña, pertencente á parroquia de Carreira.
O pavimento no que se centra a actuación presenta un pavimento de formigón moi deteriorado, con baches e zonas disgregadas. Para poder circular por esta vía en condicións seguras resulta necesario mellorar o pavimento e contal motivo se vai estender sobre a superficie unha capa de aglomerado en quente. A continuación subirase a cota do novo pavimento.
A obra recaeu en Nemesio Ordoñez, S.A., e comporta un investimento de 5.963 euros, IVE incluído. O prazo de execución son 15 días.