A pista municipal de atletismo do Complexo Polideportivo da Fieiteira levará o nome da triplista riveirense Ana Peleteiro Brión e xa está programado un acto para dito nomeamento.
Será o vindeiro luns, último día do ano, ás 12 do mediodía nun evento aberto no que se descubrirá a placa co novo nome da instalación deportiva. Está confirmada a presenza da atleta, a quen no pasado marzo o Concello xa lle tributara un recibimento institucional na praza consistorial con ocasión da medalla de bronce conquistada en Birmingham no Campionato Mundial de Atletismo Indoor.
María Vilas
Cómpre resaltar que se está preparando tamén para estas datas navideñas en coordinación coa súa familia outro evento para que o vaso da piscina municipal reciba o nome de María Vilas Vidal en honor á primeira deportista olímpica na historia de Riveira.